Freeway é unha plataforma avanzada de comercio electrónico en código aberto. Freeway está orientado a venda de produtos pero igualmente é posible vender eventos, servizos ou subscricións.
Por exemplo, é posible vender apuntes ou libros electrónicos baseados en tempo, subscricións a un determinado servizo, xestionar eventos,…
Algunhas das características son:
- TPV (Punto de Venda)
- Xestión de Clientes
- …
- Cupóns de descontos
- Xestión de asociados
- Xestión de eventos
- Sistema de ticketing
- Xestión de reservas de libros
- Xestión de reservas e listas de espera (eventos)
- Enquisas
- Informes de vendas, enquisas, tickets, …
- Mercadotecnia por email ou SMS
- Xestión de contidos (CMS)
- … máis características
Conta cun instalador que facilita o proceso de posta en funcionamento permitindo personalizar as características do sitio sen ter amplos coñecementos informáticos. Non é preciso facer unha instalación se o único que desexamos é probar as funcionalidades deste software xa que dispoñemos dunha versión demo pendurada na web.
O proxecto conta cun repositorio de extensións no que atopamos complementos que permiten a integración con Joomla! (tanto para versións 1.5.x coma 1.0.x).
Freeway está licenzado baixo GNU/GPL versión 2 e pódese descargar dende a propia páxina do proxecto.
