Frogr ten como obxectivo ser un aplicativo para GNOME capaz de administrar unha conta de Flickr desde o propio escritorio do PC. O proxecto, nunha fase moi temperá, xorde co propósito de ampliar as funcionalidades das alternativas xa existentes para este fin, as cales, en opinión do promotor do aplicativo, Mario Sánchez, resultan moi limitadas ao non permitir reetiquetar as imaxes ou xestionar álbums de fotos.
A pesar do seu grao de desenvolvemento moi incipiente, o aplicativo xa cumpre coas características máis básicas como son as seguintes:
- Solicita autorización do usuario no interior da conta de Flickr, que solicita permisos de lectura / escritura.
- Carga varias imaxes ao mesmo tempo, amosando a continuación, todos dentro dun práctico trebello de escritorio (GtkIconView widget).
- Sobe todas as imaxes cargadas cun só click, abrindo o enderezo URL especificado por Flickr ao final do proceso e permitindo indicar algunhas das propiedades das imaxes cargadas: nome, descrición e etiquetas.
Segundo explica Mario Sánchez, a idea é ir incrementado as funcións do aplicativo en cada unha das liberacións, feito para o que anima a calquera membro da comunidade aficionado a Flickr a participar do desenvolvemento de Frogr, xa sexa traballando no código fonte como propoñendo suxestións ou críticas.
- Sitio web: http://code.google.com/p/frogr
- Roldas de correo:
– Técnica de desenvolvemento: http://groups.google.com/group/frogr-devel
- Código fonte: http://gitorious.org/frogr
Fonte da nova: Blogs Igalia
