Mancomún

FSlint, un limpador de disco para Linux

Luns, 27 Xullo 2009

FSlintInstalar e desinstalar aplicativos en Linux é moi sinxelo grazas a os seus xestores de paquetes de software. Cando se desinstala algunha ferramenta, elimínase por completo calquera libraría que este aplicativo tivese instalado para o seu uso, facéndoo de xeito totalmente eficiente.O problema vén cando, despois de empregar moito o computador, existe unha desorde importante no disco. Seguramente haxa moitos ficheiros duplicados, directorios ou cartafoles baleiros, ou ficheiros temporais creados por algúns aplicativos como os xestores de imaxes, que van creando ficheiros en miniatura nos cartafoles de fotos, ocupando en todos estes casos espazo de maneira innecesaria.

Para facerlle fronte a este problema hai aplicativos que poden axudar a ter o computador bastante “limpo”. Un destes aplicativos é o FSlint,que cun só click posibilita entre outras cousas eliminar os ficheiros duplicados, os cartafoles baleiros, os ficheiros temporais, controlar paquetes instalados, as ligazóns erróneas, os espazos en branco…
FSlint dános a opción de que, en vez de eliminar directamente todos os ficheiros anteriores, poidamos copialos a outros cartafoles para analizalos ben e eliminalos con garantías.

Para instalar este aplicativo é preciso descargar os arquivos da páxina web oficial e seguir os seguintes pasos:

wget http://www.pixelbeat.org/fslint/fslint-2.40.tar.gz

tar -xzf fslint-2.40.tar.gz

cd fslint-2.40

(cd po && make)

./fslint-gui

Para aquelas persoas usuarias que teñan no seu computador Debian ou derivadas poden instalalo da seguinte maneira:

sudo apt-get install fslint

No caso de Red-Hat sería:

sudo yum install fslint

Fontes: http://www.dacostabalboa.com/gal/fslint-%E2%80%93-limpa-e-organiza-linux/3262

http://www.neoteo.com/fslint-un-limpiador-de-disco-para-linux.neo

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal