Mancomún traduce ao galego FusionForge, grazas ao cal a seguinte versión xa terá o galego dentro dos idiomas dispoñíbeis.
A nova versión VirtualBox 3.0.8 saíu xa en galego grazas ao traballo da OSL da USC en colaboración con Mancomún
FusionForge é o nome que recibe o proxecto continuador da versión libre de GForge, o software instalado e que presta o servizo da Forxa de Mancomun.
No pasado, a internacionalización de Gforge levábase a cabo mediante ficheiros .tab, un formato, como os propios desenvolvedores dicían, “feito á man”. Na primeira versión que apareceu co nome de FusionForge, a 4.7, a internacionalización do aplicativo xa se fixo empregando o sistema estándar gettext. Neste momento, Mancomún considerou interesante contribuír a este proxecto coa súa tradución ao galego.
Partindo dos traballos previos de tradución da actual Forxa, tomouse o ficheiro Galician.tab, transformouse a formato .po mediante un pequeno script e posteriormente revisose, modificose e completouse a tradución da versión FusionForge 4.7. Desafortunadamente o remate deste traballo coincidiu coa saída da versión 4.8 o que impediu que xa saíra en galego. Actualizáronse as novas cadeas e enviouse a tradución a FusionForge para incluíla formalmente no proxecto.
Na actualidade, xa se pode atopar a tradución ao galego nos repositorios Subversion de FusionForge, así como na plataforma de localización pootle.debian.net, onde se pode observar que a porcentaxe actual da tradución ao galego está no 100%.
Desta forma, esta tradución virá integrada xa de saída en futuras versións de FusionForge.
Virtualbox oficialmente en galego.

Dende a OSL da USC, e empregando a rolda de correo G11n, informóusenos dunha moi boa noticia: Foi liberado Virtualbox 3.0.8, a primeira versión deste aplicativo de virtualización completamente traducido ao galego. Os nosos parabéns aos voluntarios que axudaron a facer isto posíbel.
Xa comentamos no seu momento a liberación desta tradución, que agora se integra finalmente na versión oficial do aplicativo.
