Mancomún

Galicia celebra mañá o Día mundial da Liberdade dos Documentos en Vigo

Martes, 29 Marzo 2011

Día da Liberdade dos documentos 2011Como xa vos informamos no seu día, mañá, o último mércores do mes de marzo, celébrase mundialmente o Día da Liberdade dos Documentos ao que a Comunidade galega do software libre quixo unirse organizando a xornada galega do Día da Liberdade dos Documentos.

O obxectivo desta xornada é chamar atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos.
A xornada celebrarase mañá 30 de marzo no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo de 10:00 a 14:00 horas coa seguinte axenda:

  • 10:00 a 10:30 – Recepción de asistentes ao DFD 2011 no hall da escola.
  • 10:30 a 11:30 – Mesa técnica «Empresas-Administración» que contará coa participación de:
    • D. Roberto Vieito Raña: Técnico da Oficina de Coordinación FLOSS da Secretaría Xeneral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia
    • D. Raúl Fernández Iglesias: Responsable de Servizos Informáticos da FEGAMP
    • D. José Andrés Freire Dapena: Director da Área TIC, Universidade de Santiago de Compostela, Responsable da OSLUSC (Oficina de Software Libre)
    • D. Juan Ignacio Varela García: Oficina Técnica Sistemas Información Xeográfica, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Dirección Xeral Sostibilidade e Paisaxe, Xunta de Galicia.
    • D. Francisco Javier Rodriguez Martinez: Universidade de Vigo, Responsable da OSLUVI (Oficina de Software Libre)
  • 11:40 a 12:00 – Inauguración oficial da xornada a cargo de:
    • D. Adrián Lence Paz, Subdirector Xeral de Infraestruturas e de Telecomunicacións da Xunta de Galicia
    • Edita de Lorenzo, Directora da E.E.T. Universidade de Vigo.
  • 12:00 a 12:50 – Conferencia-Debate «A necesidade do emprego de Estándares Abertos» coa participación de:
    • D. Jomar Silva, Director de ODF Alliance Latin America (colaborador remoto)
    • D. Roberto Brenlla, CKO en Tegnix, Coordinador CRF ASOLIF
  • 13:00 a 14:00 – Mesa redonda «GUGLs-OSL-Empresas»

No hall da Escola, alumnado voluntario instalará a quen o desexe LibreOffice, OpenOffice.org ou NeoOffice en computadores con Windows/MacOS X. Nota: En equipos de baixos recursos tamén poderán instalar o aplicativo de tratamento de textos «AbiWord» (só Windows ou GNU/Linux).

Outras sedes colaboradoras

Este acto de celebración en Galicia é tamén o acto oficial de celebración do DFD en España e conta co apoio de asociacións como ASOLIF, Hispalinux ou Softcatalá. Hai tamén outras sedes colaboradoras nas que se desenvolverán actividades paralelas:

Lugo

  • No In Lugo CIS Lugo, farase unha breve introdución sobre estándares abertos e formatos cada hora, xusto no comezo de cada obradoiro. Tras isto procederase á instalación das suites ofimáticas. É dicir, ás 10-11-12-13 / 16-17 darán comezo obradoiros con curtas explicacións sobre os estándares.

Santiago de Compostela

Paterna (Valencia)

  • Open Xarxes Coop. V., Calle Alborgí, 10 – 46980 Paterna (Valencia) organiza un evento con breves relatorios sobre a importancia da liberdade nos documentos no eido dos formatos e estándares abertos xunto a aplicativos e suites ofimáticas que soportan ODF (Open Document Format). Repartiranse CDs, participando asociacións como ARPA e VALUX, así como o persoal de Open Xarxes. Haberá unha install party o 1 de abril.

Nesta xornada, unha vez máis, a comunidade galega do software libre, formada por persoas e colectivos de toda índole: asociacións, grupos de tradución, desenvolvemento, empresas, arte, etc , é quen de traballar en conxunto compartido un mesmo obxectivo común que desta volta consiste en amosar a importancia do emprego de estándares abertos ao que grazas ao seu bo facer conseguiu que se unisen asociacións do resto do estado.

Animámosvos que asistades ao acto principal en Vigo, ou a calquera dos actos paralelos, para coñecer a importancia do uso dos estándares abertos nos nosos documentos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal