A plataforma Mature Project, un proxecto que naceu en outubro de 2008 coa finalidade de proporcionar aos empresarios diversas fórmulas que lles permitan poder manter nas súas empresas aos empregados de máis de 50 anos, estará operativa en 16 idiomas no primeiro trimestre do próximo ano. Así se decidiu na terceira reunión transnacional do proxecto Mature que se celebrou nas dependencias da Consellería de Traballo e Benestar en San Lázaro.
Este proxecto, que está previsto que remate no ano 2010, artéllase arredor dunha plataforma e-learning de código aberto e unha serie de ferramentas de recollida de materiais de formación para facilitar a introdución de políticas e prácticas de contratación de persoal de diversas idades.
Actualmente está en execución a segunda fase do proxecto, na cal o labor dos socios se centra en difundir os resultados obtidos na primeira fase e ampliar o ámbito xeográfico do proxecto. Neste sentido, crearanse oito versións adicionais da plataforma e-learning noutros tantos idiomas e se levará a cabo a integración das cualificacións no Marco Europeo das Cualificacións (EFQ).
Fonte: sociedadedainformacion.eu
