Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
A web do Libro Blanco del Software Libre, que recolle as principais novidades relacionadas co Software Libre no ámbito español vén de publicar un gráfico actualizado das empresas divididas pola súa procedencia e que están rexistradas no seu directorio. Cabe salientar que Galicia é a cuarta comunidade autónoma en número de empresas rexistradas co 7,31% das empresas.
As primeiras comunidades no ranking son Madrid e Catalunya con aproximadamente o 20% seguidas de Andalucía cun 11%. Galicia está por diante de comunidades como Euskadi ou Valencia.
