Mancomún

Galinux baixo efecto slashdot

Domingo, 14 Decembro 2008

O intenso interese que espertou o lanzamento do Galinux está a provocar que nas últimas horas os servidores que están a fornecer as descargas estén acusando o efecto slashdot . Se por unha parte esto demostra claramente a forte demanda que había dun produto destas características, por outra significa que durante un tempo os servidores tardarán algo máis da conta en respostar. Namentras a situación volta á normalidade, avisar que dende a rolda dos GULs ofrecen unha alternativa para facilitar a descarga da ISO a traverso de BitTorrent . Grazas a tod@s pola vosa colaboración!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal