Mancomún

Galite organiza unha xornada de software libre en Foz

Mércores, 11 Marzo 2009
 GaliteGalite, o Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía, organiza o vindeiro 21 de marzo unha xornada sobre software libre no Concello de Foz. O encontro terá lugar na Casa da Xuventude da vila e estará aberta á participación de calquera persoa interesada en iniciarse ou afondar no coñecemento das tecnoloxías e os estándares abertos.

A xornada iniciarase ás 12:00 horas coa presentación do Galinux, o sistema operativo libre e en galego promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e enmarcada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010).

A continuación impartirase un obradoiro titulado “Introdución a Drupal”, no que se abordará a instalación deste sistema de xestión de contidos (CMS), así como a súa configuración para a creación dunha web particular, empresarial ou unha comunidade online.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal