A principios deste mes, informabamos que GALPon convocaba unha bolsa para que unha rapaza da nosa comunidade puidera asistir ao “Campus Tecnológico UGR para Chicas 2015” que se celebrará do 29 de xuño ao 10 de Xullo na Escola Técnica Superior de Enxeñerías Informática e de Telecomunicación da Universidade de Granada.
Finalmente as afortunadas son dúas:
- Sara Rodríguez Barrientos de 15 anos, estudante de 3º da ESO no I.E.S. Fco. Daviña Rey de Monforte de Lemos, Lugo
- Clara Piñeiro Ordoñez de 17 anos, estudante de 1º de BAC no IES Praia Barraña de Boiro, A Coruña
Dende GALPon, informan que trala selección feita polos seus colaboradores (mestres de tecnoloxía en diferentes centros de Galicia) entre as solicitudes recibidas, non foron quen de decidir cal era a mellor candidatura, habendo un empate entre dúas rapazas. Finalmente, grazas a unha achega anónima dun socio de GALPon, decidiron que fosen ambas candidatas as que gozarán desta bolsa cun importe máximo de 1.000€ cada unha.
Parabens a estas dúas estudantes, e ogallá teñan unha boa experiencia neste campus tecnóloxico.
