Hoxe día 29 de novembro, a partires das 21:00h a clase de Produción do IES de Bouzas (Escola de Audiovisuais de Vigo) entrevistará online ao presidente de GALPon para aclarar as dúbidas sobre a licenza Creative Commons e a súa repercusión no mundo da creación artística. Para tal evento, empregarase a rede XMPP de protocolo aberto e clientes Pidgin que se conectarán a unha sala no servidor conference.jabber.org
Esta sesión virá a posteriori do vídeo explicativo da licenza Creative Commons que se proxectará na aula do IES de Bouzas onde explicarase que “cando se salta aos intermediarios todo pode ser máis fácil”.
Nestes días ponse en evidencia a dubidosa actividade da SGAE, e o vídeo explicativo da licenza Creative Commons forma e informa sobre como sumar esforzos e crear obras derivadas, distribuílas, modificalas, etc, sempre dentro da legalidade.
