Mancomún

GALPon impartirá cursos para directivas de ANPA da provincia de Pontevedra

Luns, 15 Febreiro 2010

Dende GALPon nos avisan da celebración dun curso de introdución ao uso de software libre e estándares abertos, dirixido a directivas de ANPA da provincia de Pontevedra e organizado pola FANPA.

O curso terá lugar o vindeiro 27 de febreiro de 2010, de 9:30 a 14:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas, na aula nº 1 da 3ª pranta do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra.

Os contidos a impartir son os seguintes:

  • 9:30 – 14:30 : Procesador de texto, folla de cálculo e elaboración de presentacións con OpenOffice.org.
  • 16:30 – 19:30: Elaboración de presentacións, xestión de correo e mensaxería instantánea.

As sesións impartiranse a grupos de 10 persoas, cubríndose as prazas por rigurosa orde de inscrición.

Os interesados poden anotarse por correo electrónico ou por teléfono, podendo inscribirse só á sesión de mañá ou á de tarde, aínda que terá preferencia quen se inscriba para o día completo. Debido ao número limitado de prazas, prégase que no momento de inscribirse se comprometan a asistir ou, en caso contrario, a anular a súa asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.

Dende GALPon tamén informan que están xestionando este mesmo curso para a comarca do Deza e Vilagarcía de Arousa, ainda que está pendente de determinar as datas para os mesmos.

Fonte: GALPon

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal