Mancomún

GALPon MiniNo recibe un novo recoñecemento internacional

Luns, 2 Maio 2011

GALPon MiniNo

Se en outubro do pasado ano, a distribución GALPon MiniNo foi incluída na base de datos de Distrowatch, o pasado mes esta distribución lixeira recibiu un novo recoñecemento e pulo internacional grazas á publicación dun artigo sobre ela na Sección "Distrowatch" da revista LINUX FORMAT nº143, Abril 2011, por parte de Susan Linton, editora de tuxmachines.org

Tecnoloxía dende Galicia para o mundo

Para que non a coñeza, GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux desenvolvida dende Galicia por unha comunidade de desenvolvedores galegos, doutras rexións españolas así como algúns colaboradores internacionais, para executarse en equipos con poucos recursos hardware. Dispoñible en galego, español e inglés.

Trátase dunha distribución que non pretende ser unha solución ultra rápida para equipos de última xeración, senón que buscar ser razoablemente útil en computadores moi antigos e con baixos recursos. É dicir, é unha aposta pola sustentabilidade e reciclaxe TIC ademais dunha proposta para a alfabetización TIC con baixo recursos.

Parabéns ao equipo de GALPon MiniNo polo este recoñecemento ao seu traballo.

Reproducimos a tradución do artigo publicada por GALPon na súa web:
Artigo publicado en LinuxFormatPara a xente do gato

MiniNo: unha distro que está a roufeñar no escritorio onde Puppy pode roñar.

Aquí temos unha pequena distro que poida que non coñezas: MiniNo. É unha alternativa a Puppy Linux que foi deseñada para ordenadores vellos ou con baixas capacidades técnicas, e parece perfecta tamén para minicomputadores. Baséase en Debian e os seus aplicativos están elixidos especificamente para ser lixeiros e con pouca carga. Está desenvolvida en España, pero ofrece dispoñibilidade en Inglés, Galego ademais de Español.

MiniNo chega como un LiveCD instalable. O escritorio é unha implementación de IceWM altamente modificada, cun tema incriblemente atractivo, que chega ata o punteiro do rato.

O panel superior ten varios aplicativos categorizados en botóns que ofrece software alternativo. Se algo non está instalado, invitarache a instalalo. O software está limitado nalgunhas áreas, pero ofrece unha boa cantidade de eleccións. As moitas utilidades e ferramentas lembran a Puppy ou DamnSmall en que probablemente están baseados na consola. Se cadra non son moi difíciles de usar, pero poden non ser moi bonitas.

Entre o software incluído temos Netscape, con complementos para YouTube, mtPaint, Ayttm, Brasero, Abiword, Gnumeric, Wicd e algúns xogos de entretemento. Ata vén con Synaptic configurado cos repositorios de Debian.

É unha impresionante pequena distro incriblemente rápida.
MiniNo é a palabra española para “pussycat” e o seu logo é a cabeza dun gato. Con todo, a distro enteira é un concepto ben xeitoso.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal