
[Actualizada 15-10-10] – O curso é totalmente gratuíto para todos os asistentes.
A asociación GALPon organiza un curso de Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres. Trátase dun curso de carácter eminentemente práctico no que se desenvolveran todas as materias precisas para a construción e posterior configuración e administración dun sitio/servidor web.
- Configuración avanzada de redes en GNU/Linux.
- Utilización avanzada de Open SSH.
- Virtualización con VirtualBox.
- Asterisk e VoIP.
- Sistemas de copias de seguranza.
- Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal
O curso, totalmente gratuíto, vai dirixido especialmente a:
- Estudantes ou Licenciados/as en Enxeñería e Enxeñería Técnica Informática
- Persoal adicados á implantación, administración e deseño de páxinas web.
- Profesionais adicados ao desenvolvemento e implantación de software.
O curso conta cunha duración de 20 horas a impartir en horario de 16:00 a 20:00 horas entre os días 2 e 8 de novembro na Aula T214, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Campus de Marcosende, Vigo. O programa completo é o seguinte:
2/11/10
- Configuración avanzada de redes en GNU/Linux.
- Utilización avanzada de OpenSSH.
- Relator: Adrian Boubeta; Técnico Superior en Administración de sistemas informáticos. Administrador de sistemas GNU/Linux na empresa privada.
3/11/10
- Virtualización con VirtualBox.
- Relator: Oscar Casal: Diplomado en relacións laborais, finalizando Enxeñería de sistemas. Administrador de sistemas na empresa privada por máis de 7 anos. Especializado en sistemas virtualizados. Múltiples cursos de formación.
4/11/10
- Asterisk e VoIP.
- Relator: Damian Nogueiras: Enxeñeiro superior de telecomunicacións. Profesor de Ciclo Superior de Formación Profesional, Desenvolvemento de aplicacións e Administración de sistemas informáticos. Formador e profesional especializado en Asterisk e VoIP.
5/11/10
- Sistemas de copias de seguranza.
- Relator: Antonio Sanchez León: Diplomado en Maxisterio con praza por oposición na comunidade autónoma de Navarra. Mantedor de sistemas informáticos en centros de ensino. Desenvolvedor e co-coordinador da distribución libre baseada en GNU/Linux GALPon MiniNo.
8/11/10
- Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal.
- Relator: Alberto Permuy: Técnico superior en Administración de sistemas informáticos. Administrador de sistemas GNU/Linux.
Máis información no wiki de GALPon.
O rexistro do curso xa está aberto e pode realizarse na páxina web de GALPon habilitada a este efecto na ligazón: http://xiki.to/OHO
Esta actividade forma parte do plan de actividades que a asociación GALPon desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración firmado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.
