O pasado sábado 2 de novembro, o equipo de desenvolvemento de GALPon MiniNo e as súas diferentes adaptacións realizou a súa III MiniNo DevConf.
O obxectivo desta reunión anual era falar sobre o desenvolvemento da minino4RPi, a adaptación de MiniNo para traballar sobre un RaspberryPi; sobre as últimas correccións e melloras a aplicar na próxima PicarOS e finalmente analizar a conveniencia ou non de facer unha revisión da MiniNo 2.0
Á reunión asistiron un total de 6 desenvolvedores (un desde Murchante (Navarra), outro desde Tudela (Navarra) e outro desde Sevilla), o deseñador e 2 betatesters (unha desde Murchante (Navarra), que ademais é a nosa tradutora ao inglés), así como 2 usuarios avanzados en GNU/Linux colaboradores habituais e patrocinadores.
GALPon fai públicos os resultados desta reunión que marcan o camiño do desenvolvemento destas distribucións.
- Desenvolvemento de minino4Rπ. Este produto aínda non foi publicado estando inicialmente prevista a publicación dunha beta para despois das datas do Nadal, aínda que é posible que se poida atrasar. As liñas de traballo a seguir son:
- Completar a integración do escritorio LXDE segundo os parámetros e requirimentos.
- Aplicación de temas gráficos específicos, paneis, barras, etc.
- Conmutación/anulación dos servizos (daemon) para alixeirar a carga.
- Integración de aplicativos particulares.
- Configuración/reconfiguración dos aplicativos para optimizar o rendemento.
- Modificación dos temas Gtk (2 e 3) así como os Qt, para unificar a aparencia.
- PicarOS Diego, contaba o sábado con 1204 descargas. Analizáronse as propostas de evolución da mesmas aprobándose as seguintes para facer unha revisión a publicar nos próximos días:
- Ao premer no iniciador de Tipos de letra, abre /home/minino no canto de /home/minino/.fonts, mais se prememos de novo, ábreo correctamente. Solución temporal: engadir unha ligazón a .fonts chamada fonts e abrir fonts no canto de .fonts.
- Corrixir pequeno (despiste) bug de comiñas no cambiafondo para que permita carpetas con espazos no nome -> na liña do find
- Corrixir pequeno (despiste) bug no pomodoro funciona con segundos no lugar de minutos -> sleep $((minutos…. *60))
- Actualizar btsync (desde paquete deb ?)
- Engadir un capturador de pantalla para firefox → screengrab
- Instalar screenruler, imprescindible para saber que largo deixar no Libreoffice cando se usa un marco.
- Modificar o Crea iniciadores para que ao arrastrar una cartafol xere un acceso directo a ese cartafol (ou sexa, un iniciador coa liña caja /cartafol/que/sexa).
- Actualizar google earth, na versión actual deixou de funcionar a busca de lugares.
- Comprobar se podemos incluír na .ISO o stellarium
- Actualizar phonon
- Actualizar os correctores de galego
- Reinstalar calibre de Sid (o de Wheezy non vai)
- Instalar python-imaging para o recortado de imaxes
- Engadir Katamotz/Katamoz Exercicios para tratar as dificultades de lectura e escritura ou dislexia. http://katamotzlectura.blogspot.com.es/
- Revisión de MiniNo
- MiniNo Ártabros (2.0) con case 7.500 descargas. Analizada a evolución neste ano de existencia, considéranse acadados os obxectivos da mesma, unha boa aceptación e un «feedback» moi positivo. Considérase que dado o estado actual non é preciso publicar ningunha revisión, deixando a porta aberta par facelo de darse o caso dalgún problema de seguranza ou unha evolución «critica» nalgún dos aplicativos básicos.
- MiniNo Alguadaira (1.2.2) considérase unha versión «a extinguir» que se mantén presente para equipos de moi baixas prestacións, deixando tamén a porta aberta a analizar a necesidade dunha revisión de aparecer algún problema de seguranza ou unha evolución «critica» nalgún dos aplicativos básicos.
Esta xuntanza encádrase dentro da actividade de potenciamento e difusión do proxecto de solidariedade social GALPon MiniNo que a asociación GALPon realiza co financiamento da Xunta de Galicia a través do Convenio de Colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.
