Mancomún

Game Editor, creación de videoxogos multiplataforma

Luns, 19 Outubro 2009
Game EditorGame Editor ofrece un contorno gráfico de desenvolvemento de videoxogos para diferentes plataformas: Windows (dende Windows 95 ata Vista), Windows Mobile e Linux. Este programa distribúese baixo un licenciamento dual: o código fonte está dispoñíbel baixo a licenza GPLv3, e do mesmo xeito, tamén se pode mercar unha versión comercial por 95 dólares. Esta licenza comercial inclúe un ano de actualizacións e asistencia técnica.

O contorno gráfico de desenvolvemento de Game Editor pódese empregar para crear personaxes do xogo, contornos, gráficos, sons e animacións, sendo o sistema de desenvolvemento dirixido por eventos.

Dende a páxina de descargas pódese obter unha versión de demostración, tanto para Windows como para sistemas Linux, que nos permitirá facernos unha idea das capacidades potenciais deste programa. Empregando esta versión de demostración, poderemos crear actores, animacións, eventos de colisións, etc.
Para descargar a versión completa, a opción será descargarse, empregando Subversion, todo o código fonte, e compilalo, tendo coidado de cumprir coas dependencias necesarias. Este proceso, no entanto, non resulta trivial, e pode resultar en ocasións unha ardua tarefa.

A orde que nos permitirá descargarnos o código fonte deste aplicativo é a seguinte:

svn co https://game-editor.svn.sourceforge.net/svnroot/game-editor/trunk gameeditor

Fonte: H-online, a través dunha nota en Barrapunto.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal