Saloni Garg e Limor Fried, na categoría académica e voluntaria respectivamente, foron as gañadoras (durante o Red Hat Summit 2019) do “Women in Open Source“, premio outorgado a mulleres que fan contribucións importantes a proxectos de código aberto ou a aquelas que fan un uso innovador das súas metodoloxías.
Se queres escoitalas falando do mundo de fontes abertas e do papel da muller nel, mira este vídeo.
Saloni Garg participa activamente no proxecto Wikimedia, GNOME, Women Techmakers Group, 1 Million Women to Tech, Anita Borg e Women Who Code.
Limor Fried é a fundadora e enxeñeira principal de Adafruit Industries, que produce hardware e compoñentes electrónicos de código aberto. Canais en YouTube nos que participa: “Ask an Engineer”, “Show and Tell”.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
