Mancomún

Ganadores “Open Awards” 2018

Mércores, 20 Xuño 2018

Días atrás anunciamos a feira-congreso Open Expo Europe que tivo lugar en Madrid o 6 e 7 de xuño.

Enmarcada dentro deste evento estaba a entrega de premios da terceira edición dos “Open Awards“, que son uns premios con diversas categorías e mencións que teñen como obxectivo recoñecer e dar visibilidade pública a iniciativas, proxectos, empresas e administracións que traballaron a prol do software libre.

Dende Mancomún facémonos eco da resolución dos premios deste ano:

Premios:

  • “Mejor APP”: Bnext
  • “Mejor Solución Cloud”: IBM
  • “Mejor StartUp”: Smartlogin
  • “Mejor plataforma / proyecto más innovador”: Wocu by a3sec
  • “Mejor medio o blog”: Compilando Podcast
  • “Mejor comunidad tecnológica”: Comunidad WordPress
  • “Mejor caso de éxito de empresa y/o administración pública”: Ayuntamiento Rivas Vaciamadrid
  • “Mejor proveedor de servicios / soluciones”: Slimbook

 

Mencións especiais:

  • “Women in Open Source”: Maribel de la Vega
  • “Proyecto Solidario Open Source”: los18.org
  • “Open Source en Medicina”: Medialab y su proyecto Autofabricantes
  • “Open Source en Educación”: Gontzal Uriarte
  • “Divulgador Open Source”: Juan González (Obijuan)
  • “Colaboración CEO en proyectos Open Source”: Monica Quintana
  • “Open Source en el sector público”: Lantik – Diputación Foral de Bizkaia
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal