Mancomún

Gartner predí que o 80% das aplicacións serán de código aberto no 2011

Mércores, 26 Setembro 2007
A consultora Gartner, unha das máis prestixiosas no eido das tecnoloxías da información e da comunicación, predí que no ano 2011 o 80% das ferramentas informáticas comerciais serán de código aberto. Mark Driver, representante de Gartner, afirmou que nun prazo duns tres anos sería máis sinxelo renunciar á tecnoloxía que ás aplicacións de código aberto.
 

Gartner ademais establece catro criterios para aceptar a implantación de código aberto: se cumpre o seu obxectivo, se ten un grao de madurez importante, o perfil tecnolóxico da compañía na que se implanta e a idoneidade do programa.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal