Mancomún

GDG Vigo e Espacio Arroelo organizan o primeiro evento Rails Girls en Galicia

Luns, 3 Outubro 2016

O Google Developer Group Vigo en colaboración co espacio de coworking Espacio Arroelo están a liderar a organización do primeiro evento Rails Girls en Galicia, que terá lugar en Pontevedra os vindeiros 21 e 22 de Outubro.

Rails Girls Logo

Comenzando o venres a redor das 19:30 cunha presentación, seguida dunha setup party, pensada para axudar ás asistentes a preparar o entorno de desenvolvemento, o evento está preparado para acoller a 20 participantes, que serán divididas en dous grupos de 10. Cada un dos grupos terá como obxectivo desenvolver unha aplicación web empregando Ruby on Rails como tecnoloxía de base. Cada un dos grupos será supervisado por unha experta en Ruby on Rails, que servirá de guía durante todo o proceso de planificación e creación da aplicación. A xornada será finalizada con charlas inspiradoras, que servirán como punto de partida para as participantes no evento. Será a xornada do sábado 22 a que acollerá o groso dos desenvolvementos, os cales serán presentados ao final do día a modo de conclusión.
Rails Girls

Rails Girls é unha iniciativa sen ánimo de lucro con grande éxito e repercusión en todo o mundo. Dende a súa creación en Helsinki, no ano 2010, Rails Girls ven traballando en prol de achegar e facer máis accesible a tecnoloxía, tendo especial atención e fincapé nas mulleres como colectivo subrepresentado dentro da comunidade tecnolóxica. Máis de 400 eventos dende a súa creación, dos cales máis de 100 tiveRuby on Rails Logoron lugar o ano pasado, avalan ao colectivo Rails Girls como un grande axente de divulgación e promoción das tecnoloxías abertas.

O evento galego conta co patrocinio de GitHub, GitLab, Google, Quobis e a empresa galega Igalia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal