Gentoo está celebrando estes días o décimo aniversario da súa creación, e para celebralo os membros desta comunidade crearon un concurso de capturas de pantalla para usuarios e desenvolvedores de Gentoo, para o que habilitan unha páxina web para dito evento. Buscan tamén capturas de pantalla dos inicios de Gentoo, polo que solicitan á comunidade, que todo aquel que teña algunha captura de pantalla neste aspecto ou que coñeza algunha ligazón relacionada, que se lle faga chegar a David Abbott -estas capturas non entrarán en concurso.
Gentoo Linux é unha distribución GNU/Linux orientada a persoas usuarias con certa experiencia nestes sistemas operativos e foi fundada por Daniel Robbins. Esta baseada en Enoch Linux, que en 2002 pasou a denominarse Gentoo Linux.
O nome Gentoo provén do nome en inglés do pingüín de papúa, en clara referencia a que a mascota de Linux é un pingüín.
