Mancomún

GeoWE: SIG On line Open Source

Xoves, 2 Xuño 2016

Os Sistema de Información Xeográfica (SIG) están amosando hoxe en día unha tendencia moi positiva e espertando a atención do gran público, así como un cambio e evolución cara á edición da información espacial directamente na web. 

Neste contexto, atopamos o proxecto Logotipo de GeoWEGeoWE, unha iniciativa nacida en España, que xorde como unha aposta por deseñar un SIX libre online de propósito xeral para levar a cabo edición avanzada de datos xeoespaciais na Web. É dicir, o seu obxectivo é achegar as capacidades de edición dos SIX de escritorio en un sistema online lixeiro e coa potencialidade da explotación de datos na nube.
Este proxecto naceu a mediados do pasado ano, e segundo os seus propios desenvolvedores considérase que está aínda en estado alpha.

En palabras do equipo de desenvolvemento, o proxecto xorde pola motivación dun equipo de desenvolvedores con ganas de medrar tecnolóxicamente, compartir coñecemento e á vez ofrecer ao mundo SIX unha nova alternativa para o desenvolvemento de aplicación web orientadas á edición de datos xeográficos.

Pretenden levar a edición de datos espaciais a calquera usuario, no maior número de dispositivos (PC, tablet, televisión,…) e sen necesidade de coñecementos extensos sobre sistemas SIX, dunha maneira sinxela e fomentando a usabilidade.

Segundo recollen no portal do proxecto, esta solución podería ser útil para aquelas persoas que traballan con aplicación SIX e buscan ferramentas para a creación ou dixitalización de capas ou mapas vectoriais na web. A base cartográfica na que se apoian para a dixitalización de elementos xeográficos/xeométricos/espaciais é Google Maps, aínda que tamén ofrecen un amplo abano de capas rasters a través da ferramenta Catalog (OSM, Bing Maps, etc…).

A aplicación distribúese con licenza Apache 2.0 a través de Github, estando prevista a publicación da versión 1.0 neste me de xuño. Tamén pode probarse a versión Demo que ofrecen dende a súa web que actualizan semanalmente coas últimas novidades engadidas ao proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal