Mancomún

Ghandalf dará unha charla no Colexio de Enxeñeiros de Galicia en Vigo

Xoves, 29 Outubro 2009

Visto na páxina web de Ghandalf:

GHANDALF realizará este venres no Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, delegación de Vigo de 19:00 a 21:00h unha charla de Introdución ó Software Libre e ó Sistema Operativo Ubuntu. Durante a sesión, tratarase de que os asistentes comprendan o concepto do software libre así como de amosar o uso e estado do software libre no escritorio practicando co sistema operativo Ubuntu.

Introdución

Que é o software libre?

  • Por que é útil para empresas, administracións e usuarios?

  • Proxectos de software libre:

    • Nokia e Maem

    • A Generalitat Valenciana e GvSIG

    • Linux e a comunidade que ten ó seu arredor

Módulos de uso do sistema

Básico (uso ofimático)

  • Primeira vista do sistema

  • Instalación de programas

  • Concepto de escritorios

  • Multimedia, Internet

  • OpenOffice

Avanzado

  • Virtualización e uso de varios sistemas.

  • Compartición de recursos entre diferentes sistemas operativos

  • Sincronización e backups.

  • Uso de consola e automatización de tarefas.

  • Caso específico: uso de GIS

Fonte: ghandalf.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal