O Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG) fixo pública na súa páxina web a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da asociación. Convoca aos seus membros para o vindeiro 12 de Setembro de 2009 no Centro Sociocultural do Ensanche ás 17:30 en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda.
A orde do día da asemblea prevista é a seguinte:
-
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
-
Debate sobre o estado da asociación
2.1. Estado legal. Documentación e burocracia.
2.2. Informe de contas.
2.3. Ideas sobre o rumbo da asociación. -
Propostas:
3.1. Solicitude de local na Casa das Asociacións.
3.2. Colaboracións:
3.2.1. LoCo Team
3.2.2. Entre GUGLs (GLUG – GALPon)
3.3. Renovación da imaxe do GLUG.
3.4. Infraestrutura de servizos. -
Proxectos:
4.1.- Lareta
4.2.- GalizaID
4.3.- CompostelaWireless
4.4.- Hardware
4.5.- Outros. -
Rogos e preguntas
Dende GLUG fan unhas observacións, como, por exemplo, que a orde do día estará aberta ata o vindeiro domingo ás 00:00. Tamén se recomenda levar papel e bolígrafo en vez de portátiles ou PDAs para axilizar a reunión.
O enderezo do Centro Sociocultural do Ensanche é: Frey Rosendo Salvado 14-16 baixo.
