Mancomún

Glug e Mancomún organizan un barcamp no XGN 2009

Venres, 20 Marzo 2009
 O Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza coa colaboración de Mancomun, e a organización de Xuventude Galiza Net 2009 organizan o Barcamp Galiza 2009 para os vindeiros días 3, 4 e 5 de abril no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela.

 

Un BarCamp é unha reunión creada do desexo da xente de compartir e aprender nun ambiente aberto. É un evento intenso cheo de discusións, demostracións e interacción dos propios participantes. Esta non-conferencia/desconferencia informal reúne á xente con diversos perfís de coñecementos, dende o tecnolóxico, a usabilidade, o deseño e os negocios. Nestas tertulias multidisciplinares, a participación é altamente alentada, por parte dos que asisten.

Barcamp Galiza 2009 xirará en volta do software libre, xogos e programación ademais de web 2.0 e todo o que o público queira contar. A temática que se tratará  serán tanto aspectos de desenvolvemento  (técnicas novas/optimización), deseño e software libre (aplicación práctica), así como demostracións de programas entre moitos outros. No estilo do BarCamp, todos os participantes teñen a posibilidade de dar un relatorio.

Máis información en BarCamp-Galiza 2009

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal