O escritorio GNOME lanza unha nova versión con moitas caracteristicas novas, melloras, solucións de erros e traducións, a 2.26.1
GNOME é un contorno de escritorio para o seu equipo, enfocado cara á facilidade de uso, estabilidade, internacionalización e accesibilidade de primeira clase. GNOME conta con ferramentas de correo electrónico, traballo en grupo, navegación web, administración de arquivos, multimedia, xogos, etc. Así como tamén é unha flexíbel e potente plataforma para desenvolvedores de sofware tanto para o escritorio como para dispositivos móviles.
A versión 2.26.1 de GNOME vén cunha serie de novidades e melloras, das que podemos destacar as seguintes:
- Mellora na gravación de discos, xa que se expandeu a un aplicativo completo dedicado a creación de discos: Brasero.
- A compartición de ficheiros é máis sinxela, e agora pódese compartir ficheiros desde webDAV,HTTP e Bluetooth.
- Evolution evoluciona a súa migración dende Windows.
- Melloras no reprodutor multimedia, xa que agora busca automaticamente os subtítulos. Tamén permite compartir contido web, baixo os protocolos UPnP ou DLNA.
- Control de volume integrado con PulseAudio
- Capacidade para múltiples monitores e proxectores.
- Comunicación casi telepática
O aplicativo de mensaxería instantánea Empathy, que usa o contorno de traballo de comunicacions Telepathy, inclúe características como a transferencia de ficheiros, sempre que Telepathy sexa compatíbel (actualmente para Jabber e enlaces locais XMPP), capacidade de convite a salas de chat, temas de son e notificacións, así como unha mellora na experiencia VoIP.
- Mellora na barra de enderezos de Epiphany.
- Integración de lector de pegadas.
