Mancomún

Gnome Nanny un novo aplicativo de control parental

Mércores, 13 Xaneiro 2010
Logo de NannyGnome Nanny é un aplicativo de control parental que está a ser desenvolvido por OpenShine para a Junta de Andalucía para incluílo na súa distribución autonómica Guadalinex e que está desenvolverse dentro do proxecto GNOME.

Gnome Nanny permite controlar dun xeito sinxelo o uso que fan os menores do computador. Inclúe as seguintes funcionalidades:

  • Facilita o filtrado de sitios ou páxinas web que se lles permiten visitar aos distintos usuarios, permitindo descargar listas de sitios non desexables dende a rede.
  • Posibilita a configuración das horas de cada día da semana ou por canto tempo poden facer determinadas actividades os usuarios do equipo como:
    • Empregar o computador.
    • Navegar pola rede.
    • Facer uso do correo electrónico.
    • Utilizar a mensaxería instantánea.

Aínda non existe unha versión estable, pero xa pode descargarse unha versión de desenvolvemento bastante avanzada.

Panel de configuración do aplicativo:

Panel de configuración

Fonte: Forja Guadalinex

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal