Mancomún

GNU Bucks, unha nova iniciativa da FSF

Luns, 5 Outubro 2009

A Free Software Foundation (FSF) acaba de anunciar o pasado 1 de outubro o seu novo programa de recompensas GNU Bucks. Este programa ten o propósito de premiar a calquera que atope algún compoñente que non sexa libre, nalgunha das distribucións recoñecidas como 100% libres pola FSF. Entre esas distribucións atópanse a galega Trisquel, BLAG, Dynebolic, gNewSense, Kongoni, Musix, Ututo e GNU BucksVenenux.

As condicións para participar nesta iniciativa son sinxelas, simplemente hai que informar á FSF sobre calquera material que estea engadido nesas distribucións que non cumpra coas pautas para distribucións de sistemas libres da FSF.

Calquera que atope compoñentes privativos nas distribucións recoñecidas como libre pola FSF, obterá como premio o recoñecemento público da FSF e tamén os mencionados GNU Bucks. Esta moeda ten a particularidade que se distribúe nunha única denominación Π (pi) e ademais esta asinada polo creador da fundación, Richard Stallman.
Con esta iniciativa a FSF pretende asegurarse e tamén demostrar de que realmente as distribucións que ten recoñecidas como libres ao 100% o sexan.

Fonte: Viva Linux!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal