GNU Health (proxecto libre para profesionais da saúde, institucións sanitarias e gobernos) chega cunha nova actualización, a 3.6.2.
Proporciona funcionalidades de: Historia Clínica Electrónica (EMR), Xestión Hospitalaria (HMIS) e o Sistema de Información Sanitaria (HIS).
O seu deseño modular permite ser utilizado en moitos escenarios diferentes: desde pequenas oficinas privadas ata grandes sistemas nacionais de saúde pública.
Conta cunha comunidade internacional crecente, comprometida e amigable, que achega o mellor dos campos social, biolóxico, médico e informático.
