A enquisa está tendo un éxito masivo e xa foi enchida por case 20.000 usuarios, mentres que en 2006 só foi completada por menos de 10.000 persoas. Europa é a zona que máis contribuíu, cun 51,5% do total, mentres que o 35,8% dos enquisados proviñan de Norteamérica.
O 68,4% das instalacións de Linux no escritorio (desktop) corresponden a Pemes que dispoñen de 1 a 100 computadores con GNU/Linux instalado. A mediana empresa (101-500 PCs) representa tan só o 9,7%, mentres que o 6,2% corresponde ás grandes empresas.
As distribucións preferidas son, Ubuntu que leva máis da metade da cota, cun 54,1%, mentres que o 50,2% corresponde a distros Red Hat/Fedora e o 35,2% a Novell/openSUSE. Como afirman en DesktopLinux, esas cifras suman máis do 100% debido a que as empresas non se estandarizan no uso dunha distribución en concreto.
Fonte: Theinquirer
