Palm vén de comunicar que vai empregar unha nova plataforma sobre GNU/Linux para que a empresa sexa máis competitiva. Directivos de Palm anunciaron a nova plataforma do sistema operativo durante unha entrevista con analistas en Nova York, onde estaban a discutir a estratexia de negocio da compañía.
A plataforma baseada en GNU/Linux, que Palm estivo a desenvolver dende xa hai tempo, soporta de base multitude de configuracións, de tal forma que os fabricantes terán que quitar aquelas funcionalidades que non queiran incluír nas súas PDAs e smartphones.
Esta xeración do sistema operativo desenvolvida por PalmSource xa non terá a palabra “palm” no seu nome, senón que se chamará ACCESS Linux Platform (o ALP).
ALP é unha plataforma de Software Libre que conta, por enumerar algúns, cos seguintes módulos:
-
Kernel Linux estándar v 2.6.12 e superior.
-
GTK+ é un desenvolvemento optimizado das ferramentas GIMP, as librerías gráficas open source para a creación de interfaces gráficos.
-
GStreamer, un marco de traballo (framework), tamén open source, modular e multifío de streaming multimedia.
-
SQLite, un motor de base de datos empregado con frecuencia en dispositivos empotrados.
