GnuCash (software libre multiplataforma de contabilidade financeira persoal e para pequenas empresas), ven de lanzar a nova versión 4.0.
Deseñado para ser fácil de usar, pero potente e flexible, GnuCash permite realizar un seguimento das contas bancarias, dos ingresos e gastos.
Novidades:
Dependencias actualizadas GCC 8.0, Clang 6.0, CMake 3.10, Boost 1.67.0, gettext 0.19.6, GTK 3.22.30, Webkit 2.14.1 e Glib 2.56.1.
Nova ferramenta de liña de comandos gnucash-cli, nova función de procura por tipo de documento, novos diálogos, novos informes, importador de arquivos OFX actualizado e soporte para AQBanking entre outras.
