Mancomún

Gnumeric, a folla de cálculo integrada do escritorio Gnome

Xoves, 30 Outubro 2008

Gnumeric é a folla de cálculo que ven instalada de forma predeterminada baixo a sección “Oficina” do escritorio GNOME. O obxectivo de Gnumeric é ser a mellor folla de cálculo posible, evitando ser un clon das aplicacións existentes. Sen embargo, Gnumeric pode ler ficheiros gardados con outras follas de cálculo (Excel, 1-2-3, Applix, Oasis/OOo, Lotus, Psion, Sylk, XBase Quattro Pro, Dif, Plan Perfect, e Oleo) e tenta ofrecer un contorno moi semellante a outras aplicacións para que o custe de adaptación sexa mínimo.

Algunhas capturas de pantalla amosando diversas funcionalidades de Gnumeric, poden verse premendo en “Ler máis”:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal