Mancomún

Google Chrome achégase cada vez máis a GNU/Linux

Mércores, 18 Marzo 2009
{mosimage}Non hai noticias oficiais desde Google sobre unha primeira versión do seu navegador para as persoas que empregan GNU/Linux, pero si foi liberada xa unha versión pre-alpha Chromium Browser, o proxecto libre no que se basea Chrome, que funciona nativamente no sistema do pingüín. Trátase dunha versión incompleta e inestábel destinada a aquelas persoas que desexen axudar no desenvolvemento do navegador.

Está deseñado utilizando as bibliotecas GTK e, aínda que carga e visualiza ben a maioría das páxinas web, Chromium aínda non ten implementadas moitas funcionalidades como separadores, a xestión de favoritos, as preferencias do aplicativo… Realmente falta aínda moito camiño por percorrer até poder distribuír unha versión medianamente estábel do programa, pero é bo comprobar que se está traballando duro nel e que seguramente poderemos ver unha versión oficial dentro de pouco tempo.

Chromium Browser pódese descargar desde Launchpad, onde tamén hai habilitado un repositorio para instalalo facilmente en Ubuntu (tanto en versións de 32 coma de 64 bits). Lembramos que é unha versión nas primeiras fases de desenvolvemento e por tanto pode resultar moi inestábel, polo que non se recomenda o seu uso en contornos de produción.

Se o desexas, podes subscribirte aquí para coñecer de primeira man cando estea lista a versión final deste navegador para GNU/Linux.

Fonte da nova: Genbeta.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal