Mancomún

Google Chrome pasa a ser o navegador predeterminado no Pack Google de aplicacións

Luns, 15 Decembro 2008

Agora que Google Chrome xa non está en fase beta, Google acaba de engadilo ao seu Google Pack como o navegador predeterminado. Firefox coa barra de Google preinstalada está aínda dispoñible, pero será necesario que o selecciones explicitamente. 

Segundo se di no seguinte blogue:

“Google contribuíu significativamente á popularidade de Firefox promocionándoo na súa páxina web, incluíndo o software no seu Google Pack e animando aos publicistas a promocionar Firefox. Pero agora, a alternativa oficial de Google a Internet Explorer é Chrome.”

Polo de agora parece ser que isto só se está aplicando ás versión en Inglés destas aplicacións…

 

Fonte da nova:
http://googlesystem.blogspot.com/2008/12/google-chrome-default-browser-in-google.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal