Seguindo ao gran éxito do concurso “Google Summer of Code“, Google anuncia un novo esforzo para involucrar á mocidade no desenvolvemento de Software Libre. Para iso, Google púxose en contacto con determinados proxectos de Software Libre para darlles a oportunidade aos estudantes para aprender e contribuír en todos os aspectos do desenvolvemento dos proxectos, desde escribir código e documentación, até preparar materiais de formación.
Se es un estudante maior de 13 anos e aínda non comezaches a universidade, Google quere que te unas a estes proxectos nos que poderás aprender todos os aspectos que carrexa o desenvolvemento dun software, e non só a programación. Ademais, Google premiará a algúns dos estudantes con premios en metálico e agasallos…
As regras oficiais do concurso e a páxina de preguntas frecuentes pódense atopar nas seguintes ligazóns: regras oficiais e preguntas frecuentes. Nos países onde sexa necesario, pódese esixir o permiso dos titores legais para participar.
Os proxectos dispoñibles para a participación son os seguintes:
- Apache Software Foundation
- Drupal
- GNOME
- Joomla!
- MoinMoin
- Mono
- Moodle
- Plone
- Python
- Silverstripe
Máis información nas páxinas de Google:
http://code.google.com/opensource/ghop/2007-8/
