{mosimage}Google anunciou o lanzamento de Native Client, que permite encaixar aplicacións x86 nos navegadores.
Native Client é unha tecnoloxía libre e experimental para executar código nativo x86 nas aplicacións web, co obxectivo de manter a neutralidade nos navegadores, a portabilidade entre sistemas operativos e a seguridade que se espera das aplicacións web.
Publicamos (din dende Google) este proxecto nunha fase moi temperá de desenvolvemento para solicitar as opinións da comunidade de seguridade e das de software libre. Cremos que a tecnoloxía Native Client algún día axudará aos desenvolvedores web a crear aplicacións web máis ricas e dinámicas.
O proxecto ofrece ferramentas para compilar e executar o código en Firefox, Safari, Opera, Google Chrome e Windows, Mac, e Linux.
Fonte: http://barrapunto.com/articles/08/12/09/2229219.shtml
