O Google Summer of Code, o programa de Google para promover que os e as estudantes desenvolvan código para proxectos de software libre durante o verán, abriu xa a nova edición 2009. Ao igual que en anos anteriores, os estudantes que contribúan con éxito ao proxecto recibirán un premio de 4500 dólares. Cada estudante terá 3 meses para rematar a súa proposta. Google aceptará pedimentos de proxectos de software libre desde o 9 até o 13 de marzo. As solicitudes de estudantes realizaranse entre o 23 de marzo e el 3 de abril de 2009. Non obstante, todos os detalles sobre os requisitos para participar, o que inclúe como solicitalo, irán desvelándose en datas próximas en http://code.google.com/soc/
A iniciativa, que comezou no ano 2005, ten reunido a preto de 2.00 estudantes ao redor de máis de 180 proxectos de software libre para crear milleiros de liñas de código. O programa ten entre os seus obxectivos:
-
Inspirar a novos desenvolvedores a iniciar a súa participación na evolución de software libre.
-
Prover a estudantes de enxeñerías informáticas e carreiras relacionadas a oportunidade de traballar con algo relacionado cos seus estudos durante o verán.
-
Proporcionarlles aos estudantes unha visión máis ampla a escenarios de desenvolvemento de software do mundo real (p.ex., desenvolvemento en equipos distribuídos, cuestións verbo de licenzas de software, protocolo en listas de correo…).
-
Crear máis software libre para o beneficio de todos.
-
Axudar os proxectos de software libre a identificar e introducir a novos desenvolvedores.
“Google Summer of Code” con carácter autóctono
A raíz do éxito do Google Summer of Code están a xurdir diferentes iniciativas de ámbito español inspirados neste proxecto.
O pasado verán a Generalitat de Catalunya, a través da Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información, publicou un programa de axudas aos estudantes de Catalunya para que participasen no desenvolvemento dun proxecto de código aberto no ámbito profesional ou académico.
Tamén en Galiza está a xestionarse unha idea similar a través das roldas de GGUL. A idea, aínda moi difusa, podería asentarse nuns anos co propósito de xerar oportunidades de negocio e unha maior participación futura na comunidade de software libre en Galiza. Non obstante, a idea continúa a forxarse a través das propostas que calquera persoa, que así o desexe, achegue.
Fonte: Diario Linux
