Mancomún

Google vén de liberar a versión 0.3 do seu navegador Chrome con novidades

Martes, 4 Novembro 2008

{mosimage}Segundo o buscador, a nova actualización incrementaría o rendemento do software, o mesmo tempo que soluciona algúns problemas de seguridade como a manipulación da barra de dirección nunha ventá emerxente.

Entre as novidades, a versión 0.3 incorpora xa a posibilidade de facer scroll cos touchpad dos portátiles e promete un maior rendemento para Flash, Silverlight, Quicktime e Windows Media. Destacar tamén unha mellora no uso de proxies de conexión así coma na navegación por páxinas seguras, das que xa non se almacena ningún dato no historial agás o enderezo.

Adicionalmente fixéronse cambios na interface e recolocáronse algúns dos elementos da mesma.

Os usuarios que así o desexen poderán actualizar o navegador premendo no botón “actualizar” que se atopa na ventá “acerca de…”.

Segundo Net Applications, Chrome descendeu o 0,7% de uso cando en setembro chegara o 1%. Esta baixada de uso pode deberse a que a súa versión incompleta deixa insatisfeitos aos usuarios que non o ven con bos ollos.

Para saber mais sobre esta nova versión podes visitar a páxina de cambios de Chrome.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal