gOS é unha distribución orientada a ultraportátiles, que acaba de chegar á súa versión 3.0. Baséase en Ubuntu 8.04.1 e integra á perfección os gadgets de Google como Google Mail, Calendar, Reader, News, Picasa…Inclúe a aplicación Mozilla Prism que permite abrir aplicacións web fóra do navegador com se se tratase de aplicacións de escritorio, por exemplo, Google Documents, Calendar, e gmail. Tamén inclúen WINE 1.0 para dar a posibilidade de executar programas para Windows.
Segundo os propios desenvolvedores de gOS 3.0, o seu principal obxectivo son os vendedores de ultraportátiles e dispositivos de pantalla táctil interesados en preinstalar dun xeito rápido, unha versión adaptada de Linux. De todos modos, aínda que este sexa o seu obxectivo principal, calquera pode descargar gOS e probalo, e mesmo colaborar no seu desenvolvemento a través do grupo de google .
Na web do proxecto pódense consultar con máis detalle todas as características así como ver capturas de pantalla de mostra.
Fonte: LinuxDevices
