Mancomún

Govstrap.io, unha versión do tema oficial dos sitios web do goberno do Reino Unido para Bootstrap

Mércores, 10 Agosto 2016

Govstrap.ioUnha iniciativa da comunidade de software libre do Reino Unido crea unha versión do tema oficial Gov.UK para Bootsrap. Govstrap.io é unha iniciativa levada a cabo por OpusVL, unha empresa do Reino Unido especializada en software libre. Esta iniciativa consiste en portar a Bootstrap, o coñecido framework de deseño web liberado por Twitter, o tema oficial para sitios web do goberno do Reino Unido, Gov.UK.

Gov.UK é unha iniciativa levada a cabo polo goberno do Reino Unido para a creación dun tema oficial para os seus sitios web altamente accesible, no que se inverteron dous anos de investigación para deseñar unha interface que permita o acceso aos servizos ao maior número de cidadáns posibles. Todo este traballo foi liberado polo goberno cunha licenza de software libre, xa que en propias palabras dos seus responsables: "A maioría do que estamos a facer é posible só grazas ao software libre e a xenerosidade da comunidade de deseño web. Tiñamos que devolverllo dalgunha forma."
Con estes mesmos principios naceu Govstrap.io, grazas a que Gov.UK é software libre, foi posible refacelo empregando Bootstrap e liberalo tamén como software libre, dispoñible para toda a comunidade, o que permitirá aos desenvolvedores web que traballen no eido do sector público aforrar custes, pudendo desenvolver sitios que se aproveiten de toda a funcionalidade e accesibilidade que hai detrás deste desenvolvemento. Pero non so iso, xa que toda esa investigación en usabilidade é aproveitable tamén polo sector privado para a creación de proxectos dixitais.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal