Mancomún

GPUL celebra o 15 aniversario de KDE

Martes, 11 Outubro 2011

Logo do 15 aniversario de KDEO día 14 de outubro de hai 15 anos que Matthias Ettrich enviaba o correo "New Project: Kool Desktop Environment (KDE) [14th October 1996 03:00] Programmers wanted!" que marcou o nacemento de KDE.

Para celebralo a comunidade KDE de todo o mundo está organizando diversas celebracións mundiais e por toda a xeografía española. 

A asociación GPUL, en colaboración con KDE España, quere unirse a este día organizando unha xornada festiva para o venres 14 de Outubro, incluíndo as seguintes actividades:

  • 18:00 Ponencia: Historia de KDE
  • 19:00 Ponencia: Como colaborar con KDE
  • 20:00 Celebración XV aniversario de KDE
  • 22:00 Cea aniversario de KDE.

A xornada (excepto a cea) terá lugar na Aula de Graos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, as ponencias e a celebración están abertas ao público e son de carácter gratuíto. Repartiranse agasallos entre os asistentes ata fin de existencias.

Para todos aqueles que desexen asistir á cea, en breve anunciarán o local onde se celebrará e estímase un prezo duns 6 € por persoa.

Esta actividade forma parte parte das actividades realizadas co financiamento da Xunta de Galicia a través do Convenio de Colaboración das AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído dentro do Plan de Acción FLOSS 2011.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal