Vemos na web do GPUL que veñen de facer un chamamento para participar como relatores nas súas VIII Xornadas sobre Software Libre previstas para a semana do 14 ao 18 de abril de 2008. Segundo contan eles mesmos, “estas tradicionais xornadas son o principal vehículo da asociación para o intercambio de coñecementos e ideas entre os socios, alumnos da facultade de informática e calquera interesado en participar no evento, ben organizando ou axudando nalgunha das actividades ou simplemente asistindo ás mesmas.”
