Dende a web da asociación GPUL convocan aos seus socios á Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o xoves día 3 de decembro de 2009, ás 18:30 en primeira convocatoria e 19:00 en segunda convocatoria, na Aula 2.5 da facultade de informática da Coruña, coa seguinte orde do día:
-
Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
-
Informes da directiva.
-
Próximas actividades a realizar.
-
Elección da Xunta Directiva da asociación.
-
Modificación do regulamento electoral.
-
Rogos e preguntas.
O máis destacado desta asemblea será sen dúbida a elección da nova Xunta Directiva da asociación.A asociación leva en campaña electoral para a Xunta Directiva dende o pasado 20 de novembro e rematará o mesmo día 3 de decembro coincidindo coa asemblea.
