Mancomún

Gpul convoca as eleccións para escoller nova directiva

Venres, 6 Novembro 2009
GPULGPUL acaba de convocar por medio da súa páxina web, a todos os seus socios ao proceso electoral para elixir a nova xunta directiva da asociación.

O chamamento ás urnas é o seguinte:

Convócanse eleccións á Xunta Directiva de GPUL.
As datas máis importantes do proceso electoral son as seguintes:

  • 19 de novembro: Último día no que se admiten candidaturas á Xunta Directiva.

  • 20 – 22 de novembro: Prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de candidaturas.

  • 20 de novembro – 3 de decembro: Campaña electoral.

  • 23 de novembro: Publicación da lista definitiva de candidaturas á Xunta Directiva.

  • 3 de decembro: Celebración de eleccións e nomeamento da nova Xunta Directiva.

O censo electoral estará composto polos socios da asociación a día de hoxe, é dicir, todos os socios con número de socio igual ou inferior a 310.
Todas as candidaturas deberán expor unha motivación e estar formadas por un presidente, un vicepresidente, un tesoureiro, un secretario e tres vogais.

A Xunta Directiva en funcións anima a tódolos socios a participar activamente nestas eleccións e queda a disposición dos socios para calquera dúbida que teñan acerca do proceso electoral.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal