A asociación GPUL cumpriron xa 15 anos fomentando o Software Libre e mantendo a Universidade da Coruña no primeiro nivel deste ámbito a través da realización de pequenos e grandes eventos nacionais e internacionais.
Dada a importancia que este fito ten para os membros desta senlleira asociación, decidiron conmemorar o seu décimo quinto aniversario coa realización dun redeseño do seu logo que serva de conmemoración deste aniversario.
Para iso veñen de convocar un concurso para atopar o mellor deseño que nos propoñades. Os dous primeiros deseños seleccionados recibirán un Pack Raspberry Pi totalmente configurado para utilizar como MediaCenter ademais dunha pequena e simbólica achega económica:
- 1º – 100 € + Pack Raspberry Pi totalmente configurada para utilizar como MediaCenter.
- 2º – 25 € + Pack Raspberry Pi totalmente configurada para utilizar como MediaCenter.
Bases do concurso
Os deseños deberán realizarse, como non podía ser doutro xeito, empregando ferramentas de deseño libres (gimp, inkscape …) Deberán entregarse dous versións do deseño, unha para maquetación, e outra para merchandising, que deberá estar feita en tres cores.
A licenza de todos os traballos presentados deberá ser unha licenza libre como por exemplo CC-by-sa e os gañadores deberán outorgarlle a GPUL unha licenza mundial, non revogable, sen límite de tempo e libre de royalties para o rexistro, uso , reutilización, publicación, republicación, distribución e modificación da obra.
En canto aos formatos de entrega, serán en formatos estándar abertos, concretamente unha versión en formato vectorial SVG e outra en formato PNG en medidas 135×135 px.
Os interesados poden ler as bases completas do concurso que están dispoñibles no web de GPUL.
A data máxima para participar no concurso é o día 1 de marzo e 2014.
O mellor logo será seleccionado mediante votación dos socios de GPUL, tendo a xunta directiva a capacidade de desempatar en caso necesario.
