Mancomún

GPUL estrea o seu ciclo os Xoves Libres cunha charla sobre Webkit e Chromiun/blink

Xoves, 13 Marzo 2014

Cartel do eventoDende GPUL informan da organización dun novo ciclo de xornadas de difusión de Software Libre e cultura libre ao que deron en chamar os Xoves Libres, aínda que paradoxicamente inciarase o vindeiro mércores 19 de marzo co relatorio “Navegando entre Webkit e Chromium/Blink.

Segundo a información proporcionada, trátase dun evento periódico que terá lugar ao longo de varias semanas, alternando mércores e xoves. Realizaranse tanto relatorios como obradoiros prácticos relacionados con diversos ámbitos, contando coa colaboración de diferentes empresas, así como proxectos singulares.

O primeiro relatorio deste ciclo chega da man de Xabier Rodríguez Calvar (calvaris), socio e enxeñeiro da empresa Igalia, quen achegará aos asistentes ao mundo dos motores web libres na ponencia “Navegando entre Webkit e Chromium/Blink”.
Así o vindeiro día 19 de marzo a partir das 19:30 horas Xabier falará da súa experiencia en tecnoloxías libres de motores web, como son WebKit, motor web empregado por Apple nos seus produtos (safari …) e noutros navegadores do escritorio GNOME, entre outros, e de Chromium/Blink, fork de WebKit creado por Google para empregar nos seus produtos. Os temas a tratar serán a historia, estrutura da tecnoloxía, comunidades, fluxos de traballo, etc.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal