“GPUL organiza un ano máis unha actividade orientada aos novos alumnos desta facultade.
Dende GPUL cremos que estas actividades poden resultar moi interesantes para os alumnos xa que proporcionan unha necesaria introdución a un entorno moitas veces aínda descoñecido, e que lles será necesario e útil durante a súa estancia na facultade.
É importante comentar que aínda que recomendamos esta actividade especialmente ós novos alumnos da facultade, a actividade pode ser de interese a calquera persoa que desexe unha introdución ao Software Libre e a GNU/Linux.
As actividades levaranse a cabo na Facultade de Informática do Campus de Elviña os días 28 e 29 de Outubro.
Non é preciso inscribirse e, por suposto, a asistencia é gratuíta.”
Máis información na páxina de GPUL:
http://www.gpul.org/
