Mancomún

GPUL participa nos eventos Akademy-es e Akademy 2013 con dúas charlas

Venres, 12 Xullo 2013

Logo de GpulComo informábamos esta mañá, Bilbao está a acoller a reunión internacional e nacional de contribuidores de KDE, Akademy e Akademy-ES así como o Summit de Qt.

Como xa vén sendo habitual, dous socios de GPUL asistirán a estes eventos para estar ao día no desenvovelmento de KDE, colaborar coa comunidade nas decisións de futuro, … A importancia destes eventos vén determinada porque de certa forma, é o momento nos que os desenvolvedores de KDE e Qt analizan o estado actual dos proxectos, e toman decisións relativas ao seu desenvolvemento futuro.

Ademais tamén impatirán dúas presentacións dentro da Akademy-ES 2013. Concretamente, José Millán Soto impartirá a ponencia "Migración a Software Libre usando KDE e NX en administracións públicas" e Ignacio Serantes falará de "Nepomuk Web-Miner: Internet ao servizo do escritorio" ambas o día 12 de xullo, como pode verse no programa do congreso.

A participación dos socios de GPUL nestes congresos forma parte das actividades que a asociación GPUL realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal