GPUL, tal e como nos informa na súa web, vén de presentar a súa candidatura para a organización da Akademy-es, reunión de desenvolvedores e usuarios hispanos do contorno de escritorio KDE.
O evento levaríase a cabo na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, e en principio as datas propostas serían do 21 ao 23 de novembro de 2008. En calquera caso, e aínda obtendo GPUL a organización do evento, estas datas poderían modificarse.
Nesta ligazón tedes o documento que detalla os puntos da súa candidatura. Por suposto, calquera suxestión é benvida.
